viernes, 19 de octubre de 2007


Lazo rosa,

rosa esperanza,

vida rosa, esperanzada

rosa, viva

vivo, vida, viva

lazo rosa vida,

viva, vida, viva...

Próximas actuacións de Aleceia

Concerto EN CLAVE CORAL, o día 18 de novembro ás 19 h en Ferrol
FESTIVAL VILLANCICOS CAIXANOVA: Estamos á espera da confirmación da data, é en decembro e priorizamos as seguintes datas: 1, 2 (pola mañá) 9 (tarde)
Concerto de Nadal Concello de TEO: domingo 16 de decembro

ALECEIA


O grupo de canto Aleceia naceu nos Tilos, concello de Teo, hai case catorce anos. Xurdiu a partir do interese común de catro amigas polo canto. Naceu con vocación de obradoiro de canto e dedicou os primeiros anos ao perfeccionamento da técnica vocal e á preparación dun repertorio variado formado por obras de distintas épocas e estilos, dende cantigas medievais ata lírica tradicional galega.Dende os seus inicios Aleceia é un grupo de canto solo feminino dirixido polo profesor Juanjo Raices Silva. Neste momento está integrado por 20 voces repartidas en tres cordas: sopranos, mezzos e contraltos, o repertorio que interpretamos está condicionado por ese feito,aínda que é moi variado. Nel predomina a lírica tradicional galega a lírica medieval, adaptacións de cancións de grupos actuais.../div>